Axendas sectoriais

O Marco Estratéxico para a Industria Española está composto por un conxunto de Axendas Sectoriais dos principais sectores industriais españois, que desenvolven verticalmente cada un dos aspectos horizontais previamente identificados o Marco. 

As Axendas Sectoriais configúranse como unha folla de ruta a medio e longo prazo para mellorar a competitividade de cada un dos sectores analizados da industria española e marca, por tanto, as liñas de actuación necesarias para potencialos.  

Estas liñas de actuación concrétanse nun conxunto de medidas elaboradas cunha visión unitaria e integral, aínda que o seu desenvolvemento práctico corresponda a órganos administrativos diferentes. 

Así, as medidas elaboráronse nun exercicio de colaboración público-privada que reflicte unha visión compartida por todos os axentes involucrados directa ou indirectamente no sector.