- Consulta
- Pechada
- Alcance da norma:
- Real Decreto de Consello de Ministros
- Carácter da consulta:
- Normativas
- Tipo de participación:
- Audiencia e información pública
Resumo
A Directiva 2014/94/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 22 de outubro de 2014, relativa á implantación dunha infraestrutura para os combustibles alternativos, establece requisitos mínimos para a creación dunha infraestrutura para combustibles alternativos, incluíndo puntos de recarga para vehículos eléctricos e puntos de reposición de gas natural (GNL e GNC) e de hidróxeno, que se haberán de aplicar mediante os marcos de acción nacionais dos Estados membros.
O presente Real Decreto incorpora ao ordenamento xurídico español a citada Directiva 2014/94/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 22 de outubro de 2014. Dáse así cumprimento á obrigación que establece o artigo 288 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (antigo artigo 249 do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea) que dispón que “a directiva obrigará ao Estado membro destinatario en canto ao resultado que deba conseguirse, deixando, con todo, ás autoridades nacionais a elección da forma e dos medios”.
En concreto, mediante este Real Decreto dáse cumprimento ao disposto no artigo 11 da directiva que se traspón.
Este real decreto establece a necesidade de desenvolver un marco de actuación nacional que permita unha redución na dependencia dos transportes respecto do petróleo, considerando, de acordo á Comunicación da Comisión, de 24 de xaneiro de 2013, titulada «Enerxía limpa para o transporte: Estratexia europea en materia de combustibles alternativos», a electricidade, o hidróxeno, os biocarburantes, o gas natural e o gas licuado do petróleo (GLP), así como o seu eventual uso simultáneo e combinado, por exemplo mediante sistemas de tecnoloxía mixta, os principais combustibles alternativos con potencial para substituír ao petróleo a longo prazo.
Esta disposición dítase ao amparo do establecido no artigo 149.1.13ª e 25ª da Constitución Española, que atribúe ao Estado a competencia para determinar as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica, e as bases de réxime mineiro e enerxético, sen prexuízo das competencias das Comunidades Autónomas en materia de industria.
Doutra banda e en cumprimento do disposto no artigo 24.1.c) da Lei 50/1997, de 27 de novembro, do Goberno, comunícase que o proxecto de Real Decreto atópase a disposición dos interesados, para o cumprimento do trámite de información pública.
Prazo de remisión
Prazo para enviar argumentos ata o día luns, 11 de maio de 2015
Presentación de alegacións
As alegacións pódense enviar ao enderezo de correo electrónico: sgcalidadseguridad@minetur.es