- 18/10/2010
Programa CEAES: Adxudicación provisional da primeira convocatoria de axudas á Cooperación de Centros de Apoio aos Emprendedores
O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio impulsa a cooperación entre Centros que prestan servizos de apoio a emprendedores para fomentar a coordinación da oferta existente e dotala dunha maior especialización.
Os proxectos seleccionados contemplan, entre outras actuacións conxuntas, as dirixidas a mellorar a información proporcionada aos emprendedores mediante a posta en común de metodoloxías, a complementariedade de servizos entre centros, a mellora da capacitación do persoal técnico, así como mediante o acceso a plataformas conxuntas de servizos, actuacións todas elas que destacaron pola súa calidade e o seu enfoque innovador.
Entre os organismos que participan nos proxectos seleccionados destacan as entidades locais de promoción (20%), organizacións empresariais (19%), Cámaras de Comercio (17%) e CEEI’s (13%), sen ningunha dúbida pola súa longa experiencia e contrastada profesionalidade na prestación de servizos dirixidos a PEME e emprendedores.
A DGPYME destinou un total de 1.000.000 euros, en forma de subvencións, ao desenvolvemento dos proxectos seleccionados dos que se beneficiarán directamente un total de 112 organismos públicos e privados sen ánimo de lucro.
A distribución por CCAA dos proxectos seleccionados é a seguinte:
Comunidade Autónoma (CC.AA.) | Total | Porcentaxe (%) |
---|---|---|
Andalucía | 6 | 22 |
Aragón | 1 | 3 |
Asturias | 1 | 3 |
Canarias | 3 | 11 |
Cantabria | 1 | 3 |
Castela-A Mancha | 1 | 3 |
Castela e León | 2 | 7 |
Cataluña | 2 | 7 |
Estremadura | 2 | 7 |
Galicia | 1 | 3 |
Madrid | 2 | 7 |
Murcia | 2 | 7 |
Navarra | 1 | 3 |
País Vasco | 2 | 7 |
Valencia | 2 | 7 |
TOTAL | 30 | 100 |
Nota: Para o seu cálculo tívose en conta a orixe do organismo solicitante.
O programa de promoción de Centros de Apoio a Emprendedores constitúe unha das novidades destacadas introducidas en 2010 no Plan de Actuación de Apoio ao Emprendimiento (PAAE) do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Coa concesión destas axudas preténdese potenciar, fomentar e desenvolver os servizos existentes dirixidos a emprendedores e Pequenas e Medianas Empresas, como medio para impulsar e favorecer a iniciativa emprendedora, a creación de empresas e a continuidade das xa existentes, todo iso nun marco de impulso da actividade económica de España.